InicioSociedade"Así somos": o día a día da vila mariñeira da Guarda, visto...

“Así somos”: o día a día da vila mariñeira da Guarda, visto por ollos franceses

PUBLICADO O

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolleu o pasado venres a inauguración da Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, dende o punto de vista dun artista francés afincado na Guarda dende fai uns 4 anos.

No acto de presentación contouse cunha breve actuación da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda. A exposición poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h e domingos e festivos de 12:00h a 14:00h.

A exposición reúne un total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018, onde se reflexa o día a día dos veciños da vila e os seus oficios, con especial atención aos relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as festas e tradicións ou estampas de vida cotiá conforman o espírito desta proposta. A maiores, unha proxección recolle máis de 200 fotografías onde o autor enfoca a vila mariñeira da Guarda dende o seu singular obxectivo.

Unha representación costumista e popular, a cabalo entra a reportaxe etnográfica e o retrato artístico, entre o antropolóxico e o fotoxornalismo, que nos achega a esencia do cotián da Guarda e as súas xentes.

 

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...