InicioSen categorizarPortugal pedirá explicacións a España polo anuncio unilateral da apertura da fronteira...

Portugal pedirá explicacións a España polo anuncio unilateral da apertura da fronteira lusa

Portugal mantiña dende o pasado 22 de maio negociacións co Goberno de España para a apertura de “corredores turísticos” que permitisen o tránsito “sen pernocta” dos nacionais lusos residentes en Francia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministro dos Negocios Estranxeiros portugués manifestouse este xoves sorprendido co anuncio feito pola ministra de Turismo de España dunha reabertura da fronteira común o próximo 22 de Xuño e subliñou que quen decide sobre a reabertura da fronteira portuguesa “é naturalmente Portugal”.

“Fomos sorprendidos con estas declaracións da ministra responsábel polo Turismo [de España], que “anuncia” a reabertura da fronteira entre Portugal e España para o próximo día 22 de Xuño”, manifestou públicamente Augusto Santos Silva, afirmando que o anuncio “non se inscribe” no cadro de “cooperación estreita” entre os dous Gobernos para a xestión da fronteira común.

Quen decide sobre a abertura da fronteira portuguesa é naturalmente Portugal e Portugal quere facelo en coordinación estreita co único Estado co cal ten unha fronteira terrestre, España”, engadiu, precisando que xa epediron “esclarecementos ao Goberno de España”.

O ministro de Negocios Estranxeiros de Portugal mantiña dende o pasado 22 de maio, negociacións co Goberno de España para a apertura de “corredores turísticos” que permitisen o tránsito “sen pernocta” dos nacionais lusos residentes en Francia.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...