InicioEconomíaColocan pancartas nas pontes da 'Raia' para pedir a reapertura: "Estamos asfixiados"

Colocan pancartas nas pontes da ‘Raia’ para pedir a reapertura: “Estamos asfixiados”

Os alcaldes preparan unha acción de protesta conxunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os alcaldes da Guarda, O Rosal, Tomiño, Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente, Caminha, Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço reuniranse este luns para acordar accións de protesta conxunta ante a desatención das súas reivindicacións sobre a apertura de máis pasos fronteirizos.

Como paso previo ás mobilizacións, a Agrupación europea de cooperación territorial (AECT) Rio Minho colocou este sábado nas principais pontes entre Pontevedra e Portugal pancartas solicitando a súa reapertura.

Trátase dunha medida, sinalan fontes da Deputación de Pontevedra, coas que queren expresar “a indignación” da cidadanía da ‘Raia’, “en moitos casos obrigada a dar rodeos de até 200 quilómetros” para acudir aos seus postos de traballo e que ve como non teñen clientes nos seus negocios.

A AECT Rio Minho critica que as administracións competentes “non moveron ficha” e nin flexibilizaron o peche dos pasos, tendo en conta de que este territorio transfronteirizo está “totalmente asfixiado”.

“A pinga que colmou o vaso”, segundo sinala o director da AECT Rio Minho, Uxío Benítez, foi o anuncio da apertura doutro tres pasos a partir do luns a nivel estatal, un deles entre Tourém e Calvos de Randín (Ourense), onde se poderá circular sen restricións en determinados días e franxas horarias.

“Como é posible que se abran pasos noutros lugares e na franxa máis activa social e economicamente falando -da fronteira hispano lusa- sigan as limitacións nun momento no que a situación sanitaria é xa moito mellor e igual en ambas as marxes do río?”, pregúntase Benítez, tamén deputado provincial do BNG.

Advirte de que as consecuencias económicas serán “incalculables”, sinala que o sentimento dos alcaldes é de “total frustración” ante a actuación dos gobernos central e autonómico e trasládalles o seu “apoio total” nas súas reivindicacións.

PLAN POST-COVID

Doutra banda, o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Fernando Freire de Sousa, acordaron reunir o próximo 22 de xuño, se a situación de emerxencia sanitaria o permite, o plenario da comunidade de traballo para impulsar un plan pos-COVID de cooperación entre ambas as rexións.

Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, búscase establecer estratexias que preparen a eurorrexión para afrontar a nova realidade tras o impacto do coronavirus co fin de refozar a súa visibilidade como “área segura e confiable”. Ademais, quérese maximizar os investimentos públicos con actuacións conxuntas para aproveitar fondos da UE do novo marco orzamentario 2021-2027, con especial atención ás zonas fronteirizas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...