A Guarda aposta polo xadrez ao aire libre

O alcalde e o concelleiro de deportes botaron xa unha partida nas novas mesas de xadrez.

Xadrez/ Concello da Guarda

O Concello da Guarda ven de instalar recentemente dúas mesas de xadrez cos seus respectivos asentos na parte posterior do edificio do Centro Cultural da vila, unhas instalacións que servirán para a práctica do xadrez, ofertando ademais un servizo de préstamo de fichas de xadrez e Damas na recepción do Centro Cultural.

Estas mesas de xadrez foron instaladas grazas a un Convenio de Colaboración no que a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra realizou a doazón destes elementos escultóricos, que poden arestora empregar todos os guardeses e guardesas.

Xadrez/ Concello da Guarda

O Alcalde da Guarda e o Concelleiro de Deportes aproveitaron para comprobar “in situ” a instalación desta obra escultórica e xogar unha partida de xadrez, convidando a todo aquel que o desexe a empregar as fichas postas á disposición na recepción do Centro Cultural no seu horario habitual de apertura, de luns a venres de 10:00h a 13:00h a 17:00h a 20:00h e os sábados 10:00h a 13:00h.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here