InicioCulturaA Guarda nomeará como fillo adoptivo ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro

A Guarda nomeará como fillo adoptivo ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro

O alcalde da Guarda vén de agradecer ao autor ter incluído á Guarda no seu 'universo poético'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vindeiro sábado día 24 de novembro de 2018 terá lugar ás 12:00h do mediodía no Concello da Guarda un pleno de carácter extraordinario cun punto único na orde do día, o Ditame de nomeamento de don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo a título póstumo do Concello da Guarda.

Este nomeamento realízase en base ao Expediente 1266/2018 baixo a proposta do instructor Celso Fariñas de nomear a don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo do Concello da Guarda unha vez acreditados os seus méritos e de acordo co disposto no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda.

Xosé Carlos Gómez Alfaro/ Concello da Guarda

Neste senso, proponse a concesión deste título honorífico polos relevantes méritos contraídos e servizos prestados ó municipio. En palabras do alcalde, Antonio Lomba, “este recoñecemento é unha mostra de gratitude ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, quen, en reciprocidade ao acollemento que se lle dispensou entre nós, incorporou á Guarda no seu universo poético”.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...