InicioSociedadeA Guarda homenaxea un ano máis aos asasinados no campo de concentración...

A Guarda homenaxea un ano máis aos asasinados no campo de concentración de Camposancos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xoves 18 de outubro, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato de Comisións Obreiras, xunto co Concello da Guarda, realizou unha homenaxe aos asasinados no campo de concentración de Camposancos durante a guerra civil.

O acto de homenaxe, no que participaron preto dun centenar de persoas, tivo lugar na fosa común do cemiterio de Sestás, onde despois de ler unhas verbas por parte do Alcalde da Guarda e de representantes do sindicato das Comisións Obreiras se fixo unha ofrenda floral, contando coa participación de grupos políticos con representación municipal así como as asociacións culturais e sociais do Concello de A Guarda.

Acto de homenaxe na Guarda/ Concello da Guarda

Posteriormente, ás 19:00h, realizouse unha charla-coloquio no Centro Cultural onde D. José Antonio Uris Guisantes e Carlos Ucha disertaron sobre a historia do campo de concentración de Camposancos e, por extensión, da represión da ditadura franquista, engadindo aspectos desta época e tamén establecendo paralelismos e reflexións sobre o contexto da situación actual.

Acto de homenaxe na Guarda/ Concello da Guarda

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...