InicioTui busca informar sobre o Alzhéimer polo Día Mundial da enfermidade

Tui busca informar sobre o Alzhéimer polo Día Mundial da enfermidade

Farán unha charla e unha mesa informativa mañá, día 21, no edificio Francisco Sánchez dende ás 17 h

PUBLICADO O

O Concello de Tui únese á conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer que terá lugar mañá día 21, en colaboración con AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras demencias de Galicia.

En Tui mañá ás 18.30 h no edificio Francisco Sánchez haberá unha charla informativa titulada “Alzhéimer e outras demencias, que son e factores de prevención”. Será impartida por Beatriz Rodríguez Álvarez, psicóloga xeral de AFAGA. Previamente, dende ás 17 h, no mesmo edificio Francisco Sánchez, haberá unha mesa informativa.

O Concello de Tui traballa xunto con AFAGA ao longo de todo o ano en distintas actividades tanto de prevención coma de atención a persoas con esta enfermidade.

Precisamente para ultimar as actividades desta nova temporada nos últimos días o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a traballadora social, Carmen González, reuníronse na casa do Concello de Tui con presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, e a psicóloga da asociación, Beatriz Rodríguez.

CULTIVA A MENTE

Precisamente o próximo mes de outubro comeza unha nova temporada do programa Cultiva a Mente, para o que xa está aberto o prazo de inscrición. Este programa ten por obxectivo promover un envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos a través de diversas actividades en centros culturais de seis parroquias tudenses: Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e, este ano, Malvas. Amais, outra finalidade do programa é fomentar a sociabilidade e as emocións positivas, así como a estimulación das funcións cognitivas.

É necesaria inscrición previa no departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui nos teléfonos 986 60 36 25 ext 54 ou 607 19 41 75, ou na sede electrónica. Pódese acadar información e descargar a documentación na páxina www.tui.gal.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...