InicioVigo e contornaVigoTui premia ao seu bispo tras xubilarse este aos 75 anos

Tui premia ao seu bispo tras xubilarse este aos 75 anos

Luis Quinteiro recibe a medalla de ouro do municipio.

PUBLICADO O

Xa hai destinatario para a medalla tudense de ouro. O Pleno da Corporación Municipal de Tui acordou na última sesión ordinaria conceder a medalla de ouro da cidade a D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo, que recentemente vén de presentar a súa dimisión ao cumprir os 75 anos de idade que establece a normativa eclesiástica.

Segundo explican dende o Concello, Quinteiro estivo dende 2010 exercendo o seu episcopado na diócese de Tui-Vigo, nun total de 12 anos nos que “dedicou unha atención preferencial á Catedral de Santa María”. Segundo inciden, neste tempo adicouse a potenciar o seu papel como igrexa principal da diocese e a promover o culto e actividades no seu recinto.

“Este período coincide tamén coas importantes obras de restauración e conservación que se están acometendo no templo en colaboración coas diversas administracións e institucións. Co bispo D. Luis Quinteiro tamén se iniciou un período de reorganización das visitas turísticas, de dixitalización do Arquivo Municipal ou do desenvolvemento do Plan Director da Catedral de Tui a cargo do arquitecto Iago Seara”, inciden.

En liñas semellantes, o consistorio gaba que o episcopado do premiado culminara coa desenvolvemento de xestións para un “importante investimento” que, segundo acreditan, chegará á catedral nos próximos anos da man da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...