InicioEconomíaO Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño leva o seu "atractivo...

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño leva o seu “atractivo turístico” ata Portugal

Autoridades galegas e lusas participaron nun encontro no WOW Porto de Vila Nova de Gaia con influencers e representantes de axencias de viaxe e empresas do sector.

PUBLICADO O

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño dá o salto ao país veciño na súa promoción. Autoridades galegas e lusas mantiveron este mércores un encontro no WOW Porto de Vila Nova de Gaia con influencers e representantes de axencias de viaxe e empresas do sector para presentar o territorio “nunha rexión que levan toda a vida visitándonos”.

Somos punto de encontro, mestura e intercambio cando as fronteiras eran máis evidentes e hoxe somos un espazo de colaboración, de iniciativas comúns e aprendizaxe mutuo. E as eurocidades son un bo exemplo diso”, salientou Sandra González, presidenta da AD Galicia Suroeste Eurural.

Un espazo común no que o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quere dar a coñecer de forma máis profunda a súa paisaxe, a súa enogastronomía ou os seus tramos do Camiño de Santiago. “Xuntos conformamos un destino turístico único co norte de Portugal, e así debemos trasladalo”, recalcou a presidenta durante o acto.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, resaltou, así mesmo, “a importancia de dar a coñecer o atractivo turístico destes 14 concellos do sur de Galicia aínda máis no noso país veciño”.  Pola súa banda, Juan A. González, representante institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e alcalde de Nigrán, promoveu a organización de máis encontros como o celebrado no WOW Porto para “intercambiar ideas e atopar espazos de colaboración entre autoridades e empresas do sector turístico”.

Durante o encontro presentáronse as campañas do Xeodestino ‘Toda Galicia na túa man’‘Mulleres do Camiño de Santiago’. Precisamente as mulleres protagonistas da último vídeo promocional foron as encargadas de contar a importancia que este elemento ten no turismo do territorio do Xeodestino e o vínculo que xera co país veciño, xa que Oporto é “una porta de entrada para o noso camiño”, aseguraron. 

O acto rematou cun menú degustación elaborado pola Xanela Gastronómica no que todas as persoas presentes puideron desfrutar da enogastronomía do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño cun menú con produto local de calidade tanto nas diferentes tapas como nos doces, nos viños con denominación de orixe ou nos cócteis. 

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...