InicioSen categorizarÁ carreira polas rúas do Rosal ante a falta de medico e...

Á carreira polas rúas do Rosal ante a falta de medico e ambulancia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Plataformas en defensa da sanidade pública do Rosal, A Guarda e Oia denuncian que este venres un paciente tivo que ser trasladado en padiola durante máis de 200 metros desde o Centro de Saúde do Rosal ata o helicóptero ante a falta dunha ambulancia medicalizada na localidade pontevedresa.

Segundo relatou a plataforma da Guarda nunha nota de prensa, o venres a única médica que atendía neste centro de saúde desprazouse cun paciente en ambulancia ao hospital de referencia en Vigo. Nese período de tempo presentouse outra urxencia que tivo que ser atendida por “a médica xubilada, non contratada para estas funcións”.

Así, continúan, ante a falta de ambulancias, o 061 enviou un helicóptero medicalizado, pero o paciente tivo que ser trasladado en padiola 230 metros ata a aeronave polo persoal do centro e do 061 e ademais, ao mesmo tempo, produciuse na Guarda outra emerxencia sanitaria na que tamén se requiría unha ambulancia.

Ante esta situación, as plataformas sanitarias denuncian que “se pon de manifesto unha vez máis carencias como un número insuficiente de ambulancias asistenciais, carencia dunha ambulancia medicalizada e falta de persoal sanitario”. Neste sentido, engaden que “é sabido” que en determinadas urxencias o tempo pode ser crucial para salvar a vida ou minimizar secuelas.

Por iso, demandan á Xunta de Galicia peticións concretas: dotar aos centros de saúde destas localidades do persoal sanitario que lles corresponde, fixar de maneira permanente o segundo equipo de urxencias da PAC da Guarda e dotalo dun profesional de enfermaría e dotar ao Baixo Miño dunha ambulancia medicalizada e aumentar as ambulancias asistenciais.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...