InicioSociedadeA Catedral de Tui, nova imaxe dun selo conmemorativo de Correos

A Catedral de Tui, nova imaxe dun selo conmemorativo de Correos

O seu claustro é o único de estilo gótico conservado nas catedrais galegas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A provincia de Pontevedra, coa imaxe da Catedral de Tui, será a protagonista dun novo selo conmemorativo de Correos durante este ano 2022. A estampa xa entrou en circulación, custa 0,75 euros e utilizarase no franqueo de cartas de ata 20 gramos tanto na Península como en Baleares.

Nun comunicado de prensa, a presidencia da Deputación provincial de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que se trata de “unha moi boa noticia”, xa que non todas as solicitudes saen adiante. O selo aprobouno a Dirección de Filatelia da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos e formará parte da serie ’12 meses. 12 selos’.

Na estampa aparece o claustro da Catedral de Tui, o único de estilo gótico conservado nas catedrais galegas, coas iniciais da provincia: PO. O selo servirá para dar a coñecer o seu patrimonio cultural, artístico e monumental.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...