InicioSen categorizarO Concello de Tui contratará a un asesor fiscal para asistir aos...

O Concello de Tui contratará a un asesor fiscal para asistir aos afectados pola explosión de Paramos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui  contratará un asesor fiscal para axudar aos afectados pola explosión do almacén pirotécnico de Paramos. Un anuncio que fixo o seu alcalde, Carlos Vázquez Padín, logo de manter unha reunión con medio centenar de afectados este sábado.

Padín destacou que a contratación deste especialista fiscal débese a que a concesión de axudas podería ter “consecuencias fiscais” para os beneficiarios, e remarcou a importancia de que os veciños soliciten as axudas, xa que “no peor dos casos sempre estarían a tempo de renunciar ás contías”.

Ao termo do encontro, o rexedor tudense incidiu na necesidade de que a declaración de Paramos como zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil e o posterior decreto “debería incluír unha serie de exencións fiscais para os afectados”.

Por último, o goberno local de Tui insta a todos aqueles que sufriran danos por mor da explosión a que se apunten en como afectados o centro municipal de Guillarei. O prazo conclúe o vindeiro venres 3 de agosto.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...