InicioSociedadeTui elaborará un proxecto piloto de Plan de Acción Local da Axenda...

Tui elaborará un proxecto piloto de Plan de Acción Local da Axenda Urbana grazas a unha axuda do Ministerio

Segundo a resolución provisional que vén de publicar o Goberno central recibirá 100 mil euros para esta acción.

PUBLICADO O

Tui está entre o centenar de municipios españois, e os catro da provincia de Pontevedra, que van recibir unha axuda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a elaboración de proxectos pilotos de
Plans de Accións Local da Axenda Urbana Española. 

O concello de Tui presentou á convocatoria un proxecto dirixido tecnicamente polo arquitecto Luciano Alfaya no que se establece a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións que se levarán a cabo no municipio até o ano 2030. Unha vez a resolución sexa definitiva, indican dende o Concello, procederase á licitación dos estudos pertinentes para desenvolver este plan piloto, e a continuación comezará o proceso de execución.

Un proceso que en palabras de Enrique Cabaleiro será de “moito traballo,
moito esforzo e moita complexidade” pero “estar na liña de saída nos garante poder cumprir os obxectivos con moitísimo éxito”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...