InicioSociedadeInterveñen catro plantacións de marihuana en Tomiño,Tui e O Rosal

Interveñen catro plantacións de marihuana en Tomiño,Tui e O Rosal

PUBLICADO O

A Garda Civil interveu catro plantacións de marihuana na comarca do Baixo Miño e investigou ao cinco persoas presuntamente responsables por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Fontes da Benemérita detallaron que as plantacións foron descubertas en actuacións levadas a cabo entre o 28 de agosto e o 5 de setembro en San Xoán de Tabagón, no municipio do Rosal; en Goián, no termo municipal de Tomiño, e en Guillarei, en Tui. En concreto, dúas destas foron atopadas no interior dun invernadoiro e as outras dúas, en leiras no exterior.

Deste xeito, efectivos do Equipo de Investigación da Garda Civil de Tui interviñeron 52 plantas de marihuana, cunha lonxitude aproximada entre 250 e 300 centímetros.

Mediante unha investigación, identificaron aos presuntos responsables das plantacións, cinco persoas ás que se lles imputa un presunto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.

Finalmente, as dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de garda de Tui, onde deberán comparecer os investigados cando sexan requiridos.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...