InicioMovementos SociaisPonteareas, Bueu, A Guarda... Os concellos da contorna mobilízanse polos dereitos LGTBI

Ponteareas, Bueu, A Guarda… Os concellos da contorna mobilízanse polos dereitos LGTBI

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estes días nos que se celebra o Orgullo LGTBIQ internacionalmente, os concellos da provincia de Pontevedra non se quedaron atrás e organizaron diferentes iniciativas ao respecto, moi distintas entre elas, dende o festivo e a celebración ata o formativo/ divulgativo, pasando pola denuncia de inxustizas.

Entre eles, destacamos ao Concello de Ponteareas, que coa axuda dos comerciais da zona repartiu postais informativas para a poboación, Tomiño co seu festival Agro-LGTB, Bueu cunhas xornadas a prol da diversidade afectiva e sexual, A Guarda…

Ponteareas

Con motivo do Día Internacional LGBTQI (lesbianas, gais, bisexuais, trans, queer ou intersexuais), a concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade de Ponteareas repartiu entre a cidadanía postais informativas que visualizan a discriminación que sofren as persoas “que non se ciñen aos estereotipos que ocultan a diversidade”.

Termos como heteronorma, “que defende a visibilidade única da heterosexualidade”, diversidade, orgullo ou o propio acrónimo LGBT son definidos nestas postais que pretenden e perseguen a igualdade e normalización de todas as opcións personais.

Postais/ Ponteareas

Na busca do respecto e do coñecemento, a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, promoveu esta iniciativa que se completou coa actuación no auditorio municipal o día 29 de A Panadería coa obra “Elisa e Marcela”. Unha obra rescatada do ano 1901 que
relata o casamento de dúas mulleres na igrexa de San Xurxo.

bueu

O Concello de Bueu puxo en marcha esta semana, do 28 ao 30 de xuño, as I Xornadas
pola diversidade afectivo – sexual, cun programa que se estendeu ata este sábado e que
buscaba “crear conciencia do dereito de cada persoa a ser quen é”.

A finalidade deste programa é “achegar uns coñecementos mínimos da diversidade
sexual e do dereito a expresar esa diversidade”, tal e como destacou Inés del Río. Así
pois, o Concello apostou por estas xornadas que tiveron un carácter eminentemente
divulgativo pois “é preciso que como cidadanía teñamos formación na loita LGTBI e o
papel das institucións é defender a diversidade como unha riqueza humana máis”,
rematou a concelleira nacionalista.

Postais/ Ponteareas

Os actos oficiais arrancaron este xoves coa colocación da bandeira multicolor no balcón da Casa Consistorial, seguido dunha sesión de cine con cinco curtametraxes que tratan o tema da diversidade e que foron seleccionadas pola Asociación FICBUEU: “Change in the weather” (2015), dirixida por Muiris Crowley, “De vuelta” (2015), de Gabriel Dorado, “En la azotea” (2015), de Damiá Serra, e “Fumando Espero” (2017) de J.A. Blanco.

O venres, a Sala Domínguez Búa acolleu unha charla divulgativa na que se falou sobre a “Diversidade sexual: dereitos e adversidades”, coas intervencións de Inés del Río, membro de Médicos do Mundo-Galicia que falou sobre a diversidade de xénero na infancia e na adolescencia; Adriana Echeverría, de Amnistía Internacional, que presentou a loita polos dereitos LGTB no mundo; e Diego Quintela Sesar, de Avante LGTB, que abordou a situación en Galicia e o proxecto do que forma parte.

O sábado os actos trasladáronse á Praza Massó, cun coloquio literario con Eva Mejuto arredor do seu libro 22 segundos (Xerais) no que relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer.

Unha obra que busca “visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas”.

tomiño

O Concello de Tomiño celebra este sábado a primeira “Festa Agro LGTBI”; unha iniciativa lúdico-festiva organizada polo Grupo de Voluntariado Local, en colaboración co Concello, que “xorde da necesidade de visibilizar a persoas homosexuais, bisexuais e transexuais no rural”.

Postais/ Ponteareas

A actividade ten lugar este sábado no Mercado Municipal, propoñendo un modelo de celebración alonxada do consumismo e lecer nocturno. É un encontro dirixido a todos os públicos, que comezou ás 11h30 da mañá e rematará sobre as 20.00h coa lectura do manifesto.

A celebración conta cunha sesión vermú artesá, conferencias, obradoiros, animación infantil, concertos, teatro, danza, sesión DJ e actividades sorpresa.

a guarda

Dende o pasado mércores a balconada principal do consistorio local da Guarda luce a bandeira do Orgullo LGTBI, imaxe deste colectivo, nun acto no que se impulsou a tolerancia e igualdade entre as persoas, sexa cal sexa a súa orientación sexual.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montse Magallanes e a
concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, amosaron o apoio do concello á
comunidade LGTBI.

Postais/ Ponteareas

O Concello da Guarda súmase deste xeito ao manifesto aprobado pola Xunta de Goberno
Local da FEMP, co compromiso dos gobernos locais e o seu papel de garantir unha
igualdade efectiva de todas as persoas co fin de dar visibilidade ao valores universais coma
a igualdade, o respecto, a diversidade, a liberdade e a non discriminación.

ÚLTIMAS

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

Detido en Mos tras aparecer un home brutalmente agredido

A Garda Civil arrestou a un veciño de Mos como presunto autor dunha agresión...

Vigo acolle este sábado concentracións contra o ataque de EE.UU. a Venezuela

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Vigo despois de...

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...