Falece o conductor septuaxenario que empotrou o coche que conducía contra un muro na Guarda.

Un home de preto de 75 anos faleceu na tarde deste venres, preto das 17,00 horas, despois de empotrar o vehículo que conducía contra un muro no concello de A Guarda.

O sinistro produciuse na Rúa José Antonio Lomba Camiña, na parroquia de Salcidos. Ata alí desprazáronse os axentes da Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de Baixo Miño.

Segundo explicaron fontes da Policía Local do municipio, o condutor saíuse da vía e acabou chocando o seu turismo contra a construción. Con todo, os servizos médicos apuntan a que probablemente sufrise unha indisposición que provocou o accidente, xa que “non atribuíron as lesións” do afectado ao choque.

Con todo, o impacto provocou que a vítima quedara atrapada no interior do vehículo e que fose necesaria a intervención dos equipos de excarceración para liberar ao condutor.

Foi o persoal do GES da localidade quen sacou ao home do coche tras a chamada do 112 Galicia. Unha vez fóra do coche, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 proporcionáronlle os coidados necesarios, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here