Renfe pechará a venda de billetes en Redondela e Guillarei

ferrocarril
Tren de cercanias /Miguel Nuñez

O vindeiro martes, día 31 de decembro, Renfe pechará a venda presencial de billetes nas estacións de ferrocarril de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela, unha medida á que a Xunta mostrou o seu rexeitamento.

Diso informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado remitido aos medios, no que explica que o director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre, remitiu este venres unha carta ao representante institucional de Renfe en Galicia, Javier Pérez, na que lle traslada a oposición do Goberno galego a esta medida.

Deste xeito, na misiva, o director xeral de Mobilidade expresa a súa confianza en que o operador ferroviario reformule esta decisión e valore o mantemento da atención presencial aos viaxeiros destas estacións.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here