A Xunta fará unha glorieta elevada de máis de 50 metros en Tui para conectar dúas autovías

Conectará a vía de alta capacidade Tui-A Guarda, entre a A-55 e o Polígono de Areas.

Glorieta elevada como a que se executará na autovía Tui - A Guarda / EFEs

O Goberno galego deu luz verde á licitación das obras da vía de alta capacidade Tui-A Guarda, entre a A-55 e o Polígono de Areas, por un importe de 21,2 millóns de euros,.

O presidente da Xunta destou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que esta obra permitirá mellorar a conexión das empresas deste polígono tanto coa Guarda como con Vigo e Portugal a través da A-55.

En detalle, precisou que estas obras terán por obxecto a construción dun tramo de nova autovía autonómica, que se desenvolverá integramente no termo municipal de Tui, iniciándose coa conexión coa A-44, mediante unha glorieta elevada sobre esa autovía, que servirá de canalizador dos tráficos que se xeren nesta ligazón.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here