InicioSucesosRescatadas dúas persoas do interior dunha furgoneta en Tomiño

Rescatadas dúas persoas do interior dunha furgoneta en Tomiño

Un dos familiares alertou de que o turismo envorcara e que comezaba a entrar auga no interior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser rescatadas do interior do seu vehículo despois de que este envorcase na estrada que vai de Goián a Vilanova de Cereira, no concello pontevedrés de Tomiño.

Foi un dos familiares dos afectados quen informou ao 112-Galicia do que sucedera ás 08,15 horas da mañá deste xoves. Na chamada alertaba de que o turismo envorcara e que comezaba a entrar auga no interior.

Nada máis recibir a información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia comunicaban o suceso aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Baixo Miño e Vigo, aos membros do GES da Guarda e aos axentes de Tráfico. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os axentes procederon a rescatar as dúas persoas, un home e unha muller que foron valorados polo persoal sanitario no mesmo lugar do accidente.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...