InicioSucesosFalan os veciños trala explosión en Tui: "Foi coma se me desen...

Falan os veciños trala explosión en Tui: “Foi coma se me desen cun mazo no peito”

PUBLICADO O

24 horas despois de devastadora explosión pirotécnica nunha vivenda no lugar de Paramos, no concello de Tui, os veciños, algúns aínda en shock, revisan as desfeitas nas súas propiedades e mantéñense atentos aos feridos.

O reporteiro de Xornal de Vigo Miguel Núñez estivo con algún deles. O seu ánimo está polo chan e aínda non dan crédito ao acontecido. O balance é, de momento, dous mortos, unha trintena de feridos e 60 vivendas arrasadas, ademais de moitas outras con danos.

Os veciños explican a Xornal de Vigo o que viviron e ao que se enfrontan agora, nunha contorna que semella máis propia dun escenario bélico, con casas destruídas, cascallos por todas partes e un terreo queimado e aínda fumeante.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...