InicioSucesosO triatleta desaparecido puido sufrir unha indisposición antes de afundirse no Miño

O triatleta desaparecido puido sufrir unha indisposición antes de afundirse no Miño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O triatleta portugués de 24 anos desaparecido no Miño cando participaba este domingo nunha proba en Tomiño  puido sufrir unha indisposición antes de afundirse no río Miño, informou a Efe o comandante do Miño, Juan Díaz, coordinador do dispositivo de busca.

Díaz relatou que nada máis penetrarse na auga, o mozo, R.S., veciño de Barcelos, empezou a sentirse en dificultades e pediu axuda. Unha das embarcacións de seguridade da proba aproximouse pero cando xa estaba preto do mozo os seus tripulantes viron como se afundía ao fondo do río.

Fontes consultadas por Efe precisan que o mozo practicaba deporte con asiduidade, sobre todo carreira, pero que o de onte era a súa estrea nun tríatlon. O dispositivo de busca continúa este luns, tanto do lado portugués como do lado galego.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...