InicioSociedadeAfectados pola explosión de Paramos queren que Xunta e Goberno central "aclaren"...

Afectados pola explosión de Paramos queren que Xunta e Goberno central “aclaren” o decreto de axudas

Tras a ampliación do prazo para pedir as axudas quere que se lle aclare certas dúbidas.

PUBLICADO O

A Asociación de Afectados Paramos- Guillarei de Tui (Pontevedra) solicitou unha reunión coa Subdelegación do Goberno tras analizar o Real Decreto-Lei 2/2019 do 25 de xaneiro, que amplía as axudas previstas polo accidente pirotécnico ocorrido o 23 de maio e no que faleceran 4 persoas. Ademais, a asociación tamén solicitará outra reunión coa Xunta de Galicia para “concretar e definir temas pendentes”, segundo informa a organización nun comunicado.
A entidade veciñal informou que a directiva se reunirá en breve coa corporación do Concello de Tui para abordar o desentullo e o decreto das axudas municipais. Doutra banda, o vindeiro martes 29 celebrarán unha asemblea de socios nas Penizas ás 21,00 horas. Ao finalizar todos estes encontros, expoñerán a súa “postura sobre o Decreto e outros puntos”, como o avance do rebo e os próximos movementos que farán.
O Goberno ampliou as axudas para os afectados pola explosión dunha pirotecnia ilegal na parroquia de Paramos en Tui (Pontevedra), que se saldou con dúas vítimas mortais e 37 feridos. O Real Decreto-Lei aprobado en Consello de Ministros este venres amplía as axudas financeiras e os beneficios fiscais concedidos para paliar os danos producidos polos temporais, incendios, inundacións e outros desastres ocorridos en 2018, entre eles, o do 23 de maio en Tui.
Entre outras medidas, ampliouse o prazo para solicitude as axudas e a supresión dos límites previstos na normativa a actual para que o Concello poida recibir axudas polos gastos causados.
AXUDAS
Tras a ampliación decretada polo Consello de Ministros, as axudas por falecemento ou por incapacidade absoluta e permanente ascenden a 18.000 euros; por destrución ou danos en aveños, ata 2.580 euros, e a establecementos industriais, mercantís e de servizos, incluídos os agrarios, marítimo pesqueiros, turísticos e doutros servizos, ata 9.224 euros.
En canto aos danos na vivenda, por destrución total cubrirase o custo dos danos cun máximo de 15.120 euros; por danos á estrutura ata o 50% dos danos cun máximo de 5.160 euros; por danos a elementos comúns dunha comunidade de propietarios, o 50% dos danos cun máximo de 9.224 euros e por destrución ou danos nos aveños domésticos de primeira necesidade, ata 2.580 euros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...