InicioPolíticaO alcalde de Tui sorprende en Madrid: leva un saco de entullos...

O alcalde de Tui sorprende en Madrid: leva un saco de entullos de Paramos á porta do Ministerio

PUBLICADO O

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, anunciou este mércores que convocará un pleno extraordinario tras a posibilidade de que sexa investigado xudicialmente en relación á explosión da pirotecnia La Gallega, tal e como xa dá por feito La Voz de Galicia. Un anuncio que fixo en Madrid onde protagonizou un acto simbólico tras depositar un saco de entullos diante do Ministerio de Política Territorial pola súa falta de colaboración cos afectados.

O rexedor suliñou que convocará este pleno en canto teña notificación oficial da denuncia presentada pola Fiscalía, nos xulgados de Tui, por un presunto delito de desobediencia en relación ao cumprimento da sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra sobre o peche, desaloxo e derrubo de parte das instalacións da empresa pirotécnica La Gallega en Baldráns.

Ademais, Padín quede dar conta desta situación xudicial tamén ante os veciños afectados. Por iso, acudirá a unha asemblea que terá lugar este mesmo sábado, ás 11.00 horas, no Centro Cultural de Guillarey.

PROTESTA EN MADRID

A posibilidade da súa imputación xudicial coñeceuse mentres estaba en Madrid. Alí acudiu persoalmente para entregar nos ministerios de Política Territorial e Interior dúas cartas dirixidas aos seus titulares, Meritxell Batet e Fernando Grande-Marlaska. Previamente deixou un saco de entullo da zona cero de Paramos no ministerio de Política Territorial.

O alcalde lembrou que pese a que a comezos de setembro o goberno declarou a zona como gravemente afectada por unha emerxencia de Protección Civil, por agora non se publicou o decreto que desenvolve esta declaración. Aínda que hai compromisos verbais sobre a desgravación fiscal das axudas que poidan percibir os afectados ou de acometer o desentullo polo momento non se ten plasmado nada por escrito. Indicaba o rexedor que o Concello de Tui merece “respecto institucional” aludindo a falla de contestación que ten tido polo de agora ás cartas e aos correos electrónicos que ten enviado a Madrid, e precisando que “en Tui teñen un problema sen atender”.

Así na misiva remitida á ministra de Política Territorial o alcalde urxe á concreción dunha data para o inicio do desentullo, conforme ao proxecto que o 10 de setembro presentou na subdelegación do goberno en Pontevedra, e que esta a súa vez enviou a Madrid.  En concreto o alcalde solicita ao Ministerio a contratación, á maior urxencia posible, a través dunha empresa pública dos labores de desentullo da zona cero.

Por outra parte na carta dirixida ao ministerio de Interior o alcalde demanda a súa intervención coa subdelegación do Goberno, para que de forma inmediata se produza a coordinación suficiente que permita, con todas as garantías de seguridade, o desaloxo urxente de todo o material explosivo situado nas instalación da pirotecnia La Gallega en Baldráns.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...