InicioMedio Ambiente e PatrimonioComeza a loita poila restauración de hábitats das Cíes, Ons e Sálvora...

Comeza a loita poila restauración de hábitats das Cíes, Ons e Sálvora dentro proxecto ‘Life Insular’

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia licitou por case 85.000 euros o servizo para a eliminación de especies exóticas invasoras no Parque Nacional marítimo-terrestre das illas atlánticas de Galicia –Cíes, Ons e Sálvora–.

Trátase da primeira das actuacións que se impulsar no marco do chamado LIFE Insular, un proxecto transnacional cunha vixencia de cinco anos e que busca a restauración integrada dos hábitats insulares.

En concreto, o contrato licitado inclúe accións para a mellora da estrutura e funcionalidade de dous tipos de hábitats propios destas illas a través da eliminación e control, mediante métodos manuais, de especies exóticas invasoras de flora.

As actuacións que se van a levar a cabo están planificadas ao longo do que queda de 2022 e durante 2023, e que permitirán intervir sobre unha superficie total de 145,6 hectáreas. Porase o foco en oito Zonas de Especial Conservación localizadas en cinco illas que son, ademais das tres galegas mencionadas, LaGraciosa, en Canarias, e Irlanda.

Os traballos serán cordinados pola Universidade de Santiago deCompostela, mentres que a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, encargarase da execución técnica.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...