InicioMedio Ambiente e PatrimonioGarzón pon en valor o traballo do Laboratorio de Biotoxinas Mariñas de...

Garzón pon en valor o traballo do Laboratorio de Biotoxinas Mariñas de Vigo: “Está a avangarda da UE”

Di que axudará a estudar como o cambio climático está a ameazar a especies como o mexillón.

PUBLICADO O

O ministro de Consumo, Alberto Garzón, puxo en valor este luns o traballo do Laboratorio Nacional de Biotoxinas Mariñas situado no campus universitario de Vigo, que está á “vangarda” da UE e que recibirá un investimento de 1,3 millóns de euros do Goberno central.

Segundo subliñou o ministro, o traballo que fan os técnicos e investigadores deste centro é crucial para proporcionar ás consumidores “garantías” sobre a calidade dos alimentos, entre eles os mexillóns, e para evitar problemas de saúde pública.

Garzón sinalou que o Goberno de España está comprometido co traballo deste centro e o Ministerio de Consumo asinou un convenio de colaboración co CSIC, a través de Instituto Español de Oceanografía, para investir 1,3 millóns de euros nos próximos dous anos neste laboratorio vigués.

O acordo promoverá a investigación sobre as biotoxinas mariñas, así como o intercambio de coñecementos con outros grupos científicos punteiros na materia. “Esta colaboración é fundamental porque axudará a estudar como o cambio climático está a ameazar a especies como o mexillón. Ademais, garantirá que o consumo deste alimento é seguro e de calidade en España e no resto da Unión Europea”, subliñou o ministro.

VETO Á PESCA DE FONDO

Por outra banda, os xornalistas preguntaron ao ministro de Consumo pola súa opinión sobre a decisión da UE de vetar a pesca de fondo en 87 áreas de augas comunitarias, pero Alberto Garzón evitou pronunciarse, alegando que carece de información.

“A verdade é que non teño información suficiente (…) porque é a primeira noticia que teño”, desculpouse o ministro, no mesmo día en que o Goberno de España, por boca do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, avanzou que sopesa acudir ao Tribunal de Xustiza da UE para recorrer esa medida, “se hai base xurídica”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...