InicioPolíticaCaballero acusa á Xunta de pagar voos a Ryanair desde Lavacolla e...

Caballero acusa á Xunta de pagar voos a Ryanair desde Lavacolla e o PP acúsao de mentir

"Outra vez a Xunta contra Vigo", denuncia.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a aerolínea Ryanair “recoñece que recibe pagos por operar os seus voos desde Santiago“, e que eses pagos proceden da Xunta de Galicia, e reiterou que o goberno galego subvenciona así rutas desde Lavacolla mentres que non paga “nin un só céntimo” para voos que operen no aeroporto vigués de Peinador.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico manifestou que a empresa “recoñece” que recibe pagos por operar en Lavacolla e engadiu: “Non culpo a Ryanair, nin sequera que a Xunta subvencione voos desde Santiago, pero non paga un só céntimo para voos desde Vigo”.

É a Xunta contra Vigo“, proclamou Caballero, que criticou o silencio do PP de Vigo e da delegada territorial da Xunta (e candidata á alcaldía da cidade), Marta Fernández-Tapias, que “está caladiña,caladiña, sen denunciar este escándalo”.

Pola súa banda, Fernández-Tapias acusou ao rexedor de “mentir” para tratar de “desviar a atención” do seu fracaso na xestión de axudas municipais ás aerolíneas, e lembrou que nada se sabe do concurso anunciado hai case un ano para atraer rutas a Peinador.

A súa xestión do concurso público de voos é desastrosa e a única maneira que ten de ocultalo é culpar ao goberno galego”, apuntou a presidenta do PP vigués, que insistiu en que a Xunta de Galicia non subvenciona desde 2013 a ningunha compañía aérea, momento no que finalizou un acordo asinado polo bipartito PSdeG-BNG.

Con todo, denunciou, o goberno local de Caballero leva anos dedicando diñeiro público a subvencionar compañías aéreas, “cunha total falta de transparencia” e, tras prometer voos internacionais este verán, “fracasou de novo”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...