InicioEconomíaAbsoltos seis sindicalistas da CIG denunciados pola ocupación simbólica de Barreiras

Absoltos seis sindicalistas da CIG denunciados pola ocupación simbólica de Barreiras

PUBLICADO O

Os seis sindicalistas da CIG que foran denunciados por supostas coaccións leves tras a ocupación simbólica do estaleiro vigués Barreras foron finalmente absoltos despois de que a administración concursal da empresa decidise renunciar a continuar coas accións penais.

Foi o pasado 9 de xullo cando o Xulgado de Instrución número 5 de Vigo fixo pública a sentenza na que absolvía ao seis acusados, entre eles o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, e o responsable da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández.

Os sindicalistas foran xulgados o pasado 18 de abril tras a denuncia por coaccións leves presentada pola propia administración concursal e pola propietaria do estaleiro tras a ocupación simbólica das instalacións da compañía o 27 de maio de 2021 para esixir solucións á crise que atravesaba a firma.

Durante o proceso quedou claro que Barreiras pretendía criminalizar a loita obreira e escarmentarnos por ser o único sindicato que alzou a voz para denunciar todas as tropelías que estaban a levar a cabo”, criticou Gonçalves.

Neste sentido, segundo recolle a CIG nun comunicado, o sindicalista considera que a antiga dirección do estaleiro quería seguir coas accións penais, pero que foi a administración concursal a que apostou por renunciar e readmitir tamén ao delegado da CIG no comité que fora despedido tras a ocupación.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...