InicioSociedadeDesconvocada a folga de recollida de lixo e limpeza de Vigo tras...

Desconvocada a folga de recollida de lixo e limpeza de Vigo tras un acordo ‘in extremis’ con FCC

Haberá unha suba salarial do 2% pra 2022 e 2023, un día de máis de asuntos propios e procedera a unha revisión salarial nos vindeiros anos

PUBLICADO O

A folga na recollida de lixo e limpeza de Vigo foi desconvocada na madrugada deste venres, a penas unhas horas antes de que dese comezo, tras chegar a un acordo de convenio colectivo os sindicatos coa adxudicataria do servizo municipal, a filial de medioambiente do Grupo FCC.

Así o indicou a Europa Press o presidente do comité de empresa, Rufino Santalices (CIG), quen explicou que a última hora da tarde chegouse a un preacordo coa compañía, que foi referendado de madrugada polos traballadores para así desconvocar a folga, que comezaba ás 06,00 horas.

No pacto alcanzado establécese unha subida salarial do 2% para 2022 e 2023, mentres que do 3% para 2024 e un 3% para o primeiro semestre do 2025 e un 1% para o segundo semestre.

Ademais, recóllese que finalizada a vixencia do convenio (2022-2025), procederase a unha revisión salarial equivalente á diferenza entre a subida do 11% dos 4 anos do documento e o IPC resultante no mesmo período. Esta diferenza aplicarase a 1 de xaneiro de 2026.

Entre outros aspectos, o novo convenio recolle un incremento dos días de asuntos propios, que pasan de 3 a 4 por ano. Así mesmo, o ámbito persoal deste convenio amplíase aos traballadores adscritos ata ao convenio colectivo da empresa Fomento de Construcións e Contratas para o persoal dos servizos do termo municipal de Vigo de mantemento, limpeza e reposición dos colectores para os residuos domésticos reciclables, recollida e transporte dos mesmos, recollida e transporte de roupa usada e aceites, así como o mantemento e a reposición da maquinaria e vehículos necesarios para a realización destas prestacións.

Todo iso no contexto de que o actual servizo foi adxudicado a FCC hai pouco menos de dous meses por parte do Concello, que unificou a limpeza viaria, a recollida de lixo, os colectores, limpeza de praias e reciclaxe nun único macrocontrato. A adxudicación fíxose por 9 anos (máis a metade do ano 2022) por máis de 400 millóns de euros, con posibilidade de dous anos máis de prórroga.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...