InicioSociedadeFinaliza a campaña electoral de Manuel Reigosa: "Acabamos aínda máis ilusionados",

Finaliza a campaña electoral de Manuel Reigosa: “Acabamos aínda máis ilusionados”,

o reitor en funcións agarda revalidar o seu cargo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tras dúas semanas de encontros, charlas e outros actos, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, finalizou este luns a campaña electoral no proceso no que concorre para revalidar o seu cargo, e que concluirá coas votacións do mércores.

Xunto ao resto de membros da candidatura H2040, Reigosa percorreu todos os centros da institución académica viguesa, presentando ao seu novo equipo e as súas novas propostas. “Acabamos aínda máis ilusionados e co convencemento de que, se conseguimos apoio maioritario da comunidade universitaria, seremos capaces de levar a cabo o programa de goberno e presentar dentro de catro anos unha institución máis igualitaria, máis internacional e máis galega”, sinalou o candidato.

A pesar de que Reigosa foi o único aspirante neste proceso electoral, puntualizou que a campaña “foi tan intensa como a anterior”. Así, sinalou que, en lugar dos tradicionais debates entre candidatos, celebráronse ‘quendas abertas’ en cada un dos campus (Vigo, Pontevedra e Ourense).

Con todo, trasladou a súa preocupación por unha “posible baixa participación” na xornada do mércores polo feito de que haxa un só candidato, e fixo unha chamada á mobilización da comunidade universitaria. “O importante é que, se gañamos (hai a posibilidade de votar ‘non’ á candidatura) teñamos un apoio forte e que se poida visibilizar que representamos lexitimamente á comunidade universitaria”, apuntou.

Reigosa e o seu equipo concorren a estas eleccións con varios retos sobre a mesa, como o recambio xeracional, a transformación dixital e a aposta pola sustentabilidade. O seu programa inclúe medidas como a docencia ‘cero’ tras a maternidade, a revitalización do Claustro e os Consellos de Campus, seguir baixando a dedicación docente máxima (ata chegar ás 240 horas anuais no curso 2024-25), ou potenciar as políticas de retención e captación de talento. talento.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...