InicioCulturaA orquestra folk SonDeSeu iniciará en Vigo a xira do seu 20º...

A orquestra folk SonDeSeu iniciará en Vigo a xira do seu 20º aniversario

SonDeSeu naceu hai 20 anos no seo do desaparecido Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular (hoxe ETRAD).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo acolleu este luns a presentación da xira do 20º aniversario da orquestra folk SonDeSeu, que se iniciará precisamente na cidade olívica, no Teatro Afundación, o 12 de maio. Na presentación desta xira participaron o director da orquestra, Rodrigo Romaní; o mestre de percusión, Xaquín Xesteira; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Para conmemorar este vixésimo aniversario, a formación (vinculada coa Escola Municipal de Música Tradicional, ETRAD, de Vigo) realizará unha xira de catro concertos acústicos cos seus 60 músicos: en Vigo, Lugo (21 de maio), A Coruña (3 de xuño) e Santiago de Compostela (18 de xuño), con entradas á venda en ataquilla.com.

Rodrigo Romaní puxo en valor a traxectoria de SonDeSeu, un “proxecto pioneiro en Galicia” e un “referente para outras orquestras fok de Europa”; mentres que Xaquín Xesteira subliñou as singularidades acústicas que terá a xira, que será unha “oportunidade única” para repasar os éxitos da formación e escoitalos “como non soaron nunca antes”.

O rexedor, Abel Caballero, felicitou, en nome da cidade, á orquestra polo seu “traballo excepcional” e a súa produción “de magnífica calidade”, e definiu Vigo como “unha gran fábrica de música”.

SonDeSeu naceu hai 20 anos no seo do desaparecido Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular (hoxe ETRAD) e por ela pasaron figuras e mestres como Rodrigo Romaní, Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xisco Feijóo, Xaquín Xesteira, Alfonso Franco ou Xosé Liz. Ademais, colaborou con artistas da talla de Treixadura, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Uxía Senlle, Carmen París ou Nino Galissa.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo recorrerá a sentenza do patrocinio de Guns N’ Roses

O goberno municipal de Vigo confirmou que recorrerá a sentenza do xulgado do Contencioso...

Pintadas no coche da alcaldesa pedánea de Bembrive

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel...

Nova manifestación este xoves polos “recortes” en recursos públicos educativos e sociais

A Federación Olívica de Anpas (Foanpas); os sindicatos STEG, CIG e CUT; e a...

O Concello, condenado a pagar máis de 1,5 millóns á promotora do concerto de Guns N’ Roses

O Xulgado do Contencioso Administrativo 2 de Vigo condenou ao Concello de Vigo a pagar á empresa Sweet Nocturna,...