InicioSucesosControlado o incendio nunha nave industrial en Mondariz

Controlado o incendio nunha nave industrial en Mondariz

a Xunta activou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O incendio declarado minutos antes das 7,00 horas deste luns nunha nave industrial no municipio pontevedrés de Mondariz permanece controlado e a súa evolución mellorou. Así o informou o 112 Galicia, que concretou que iso levou, sobre as 10,30 horas, á Xunta a desactivar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) ao “mellorar as condicións do incendio declarado”.

Por parte do 112 Galicia sinalou que o lume se mantén controlado, aínda que non extinguido, polo que no lugar continúan os Bombeiros Baixo Miño, GES-SPEIS Ponteareas e GES de Mos.

Unha persoa foi evacuada por inhalación de fume na mañá deste luns debido a este incendio declarado nunha nave dedicada á almacenaxe de material eléctrico e garaxe de vehículos, situada en Lougares, no municipio de Mondariz.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, un dez minutos antes das 7,00 horas deste luns o servizo de emerxencias recibiu o aviso dun traballador da nave, que indicou que no interior da mesma había vehículos tipo camión e material eléctrico.

ÚLTIMAS

O xurado declara culpable de asasinato por unanimidade ao acusado do crime da casa okupa de Vigo

O tribunal de xurado declarou culpable de asasinato por unanimidade a Fredy R.M., acusado...

O PP estuda privatizar a recollida de lixo en Baiona, tres anos despois de advertir que encarecería o servizo un 50%

O goberno do Partido Popular en Baiona anunciou a súa intención de privatizar o...

Caballero e Losada afean á Xunta que oculte o investimento municipal e do Goberno na obra da Avenida de Galicia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel...

Declarada a conclusión do concurso do estaleiro Barreras de Vigo tras a venda en 2022

A maxistrada do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo,...