InicioMedio Ambiente e PatrimonioOperación rematar coa 'fallopia japónica' das Gándaras de Budiño

Operación rematar coa ‘fallopia japónica’ das Gándaras de Budiño

A Xunta investirá 73.000 euros na eliminación desta especie invasora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia licita por máis de 73.000 euros o contrato de servizo para a eliminación da especie invasora ‘fallopia japónica‘ nas Gándaras de Budiño, no concello pontevedrés do Porriño.

Tal como indicou o Goberno galego nun comunicado, esta especie vexetal ten a súa orixe en Xapón e China, introducíndose en Galicia como unha planta de uso ornamental. Na actualidade está a afectar á conservación dos hábitats que se localizan nesta zona de especial conservación.

O obxectivo do servizo será eliminar os focos e puntos desta especie de flora exótica invasora que son a orixe da propagación cara o espazo protexido, que será repoboado con vexetación autóctona.

Estes traballos teñen un prazo máximo de execución de 19 meses e consistirán na roza manual e tratamento fitosanitario para eliminar os pés da especie invasora. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas teñen de prazo ata o 13 de abril.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...