InicioVigo e contornaVigoUnha veciña de Vigo tenta deter o maltrato dun can e recibe...

Unha veciña de Vigo tenta deter o maltrato dun can e recibe unha malleira do dono

"Enganchoume polo pelo e empotroume a cara dúas veces contra o cristal e capó dun coche", explicou en redes sociais.

PUBLICADO O

Axentes Policía Nacional de Vigo veñen de deter a un home como presunto autor dunha malleira a unha moza que acudiu en defensa dun can cando este estaba a sufrir maltrato animal. Os feitos, que terían acontecido no barrio olívico de Bouzas o pasado día 24, remataron co implicando pasando a disposición xudicial. Será investigado por un delito de lesións.

A agredida en imaxes de RRSS/Noa Alonso

O caso transcendeu en redes despois de que a propia agredidade publicara unha imaxe da súa cara tras a agresión rexistrada. De acordo co apuntado pola mesma fonte nas súas redes persoais, o episodio de violencia aconteceu despois de ver como o presunto agresor lle propinaba unha malleira ao seu propio can.

Nese momento, a rapaza saíu en defensa do animal e afeoulle a súa conduta ao agresor. Dez minutos despois, a moza ía coller á súa cadela cando, segundo o mesmo relato, o presunto agresor colleuna do pelo para logo golpeala dúas veces contra o cristal e o capó dun coche. A muller explica que caeu case inconsciente e recibiu patadas por todo o corpo. “Non quero dar pena, só quero que, polo menos, este ser non lle volva a poñer a man encima a ninguén e podreza no cárcere”, destaca.

“Estaba a esperarme e ameazou con matarnos a min e á miña cadela. Entón agacheime para coller á cadela e xa me enganchou polo pelo e me empotrou a cara dúas veces contra o cristal e o capó dun coche. Con todo, como non lle chegaba con iso, cando caín ao chan inconsciente, empezou a darme patadas. Todo isto por defender ao seu can, ao cal, dez minutos antes estábanlle dando a malleira da súa vida”

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...