InicioMedio Ambiente e PatrimonioA ría de Vigo tamén está contaminada por microplásticos

A ría de Vigo tamén está contaminada por microplásticos

Un 30 % dos plásticos analizados resultaron son polietileno (PET)

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo publicaron un traballo no que se analiza a abundancia de pequenos plásticos nas augas da ría de Vigo, e confírmase que os máis frecuentes son os microplásticos (partículas de menos de 5 milímetros), a maioría fibras e láminas de pintura.

Estes científicos deron a coñecer na revista Science of the Total Environment os resultados da súa investigación, que determina por primeira vez a presenza de pequenos plásticos (menores de 25 mm) na superficie da auga na ría de Vigo. Así, identificaron a súa concentración, ciclo anual, tamaño, forma e composición polimérica.

Na ría de Vigo seleccionáronse tres puntos de mostraxe, que foron estudados mensualmente durante un ano. Así, recolléronse mostras de auga de mar utilizando unha rede de arrastre de manta e, no laboratorio, usáronse diferentes técnicas espectrofotométricas para determinar os tipos de polímero de cada plástico. Así mesmo, nos mesmos puntos de mostraxe utilizáronse outros tipos de redes para recoller e analizar o zooplancton e a súa relación coa presenza de plásticos.

MOSTRAXES E RESULTADOS

En total, realizáronse 32 mostraxes nos que se identificaron 854 partículas de plástico, o que supuxo unha concentración media de 25 partículas en cada quilómetro cadrado. Destas partículas, o 80 % resultaron ser microplásticos (menos de 5 mm de tamaño) e o resto mesoplásticos (entre 5 e 25 mm).

Sobre un 30 % dos plásticos analizados eran polietileno (PET), un 19 % eran acrilatos, un 18 % polipropileno (PP) e un 10 % eran poliestireno (PS). As formas principais detectadas foron fibras e láminas de pintura, sobre todo de cor negra.

Segundo explicou a investigadora principal do estudo, Olga Carretero, os resultados tamén mostraron unha alta variabilidade estacional nas concentracións, “algo que debería terse en conta nun programa de seguimento futuro”.

ÚLTIMAS

O Concello de Vigo di que “se viu obrigado” a autorizar a Plenoil do Pontillón ao obter os informes favorables

O Concello de Vigo sinalou este venres que "se viu obrigado" a resolver favorablemente...

Intervención policial en Vigo: plantación de marihuana e fraude eléctrico nunha vivenda okupada

Axentes do grupo UDYCO I da Comisaría de Policía Nacional de Vigo detiveron a...

Caballero celebra o visto e prace da Xunta ao PXOM: “É un plan magnífico que non admite a especulación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este venres o visto e prace da...

Condenados dous menores tras difundir un vídeo sexual doutro menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...